Con todos os teus personaxes favoritos do universo Nintendo: desde Mario e Link ata Donkey Kong e Pikachu, Super Smash Bros. convídate a participar neste espléndido estrondo épico que acabará en caos, como sempre! EVERYONE IS HERE!
Tipo de competición: Presencial. Brackets de grupo 1 vs 1. Eliminatoria simple.
Normativa da actividade
- Todos os combates serán ao mellor de 3 partidas (BO3), excepto semifinal e final que serán ao mellor de 5 partidas (BO5).
- Se un combate termina cun movemento de auto-destrución, a pantalla de resultados determinará o vencedor.
- En caso de morte Súbita o gañador será o participante con máis Vidas ou Menor Porcentaxe (se as Vidas están empatadas). En caso de empate mesmo en Porcentaxe, realizarase un combate a 1 Vida e 2 Minutos de Límite de tempo ata que resulte un gañador. O resultado de morte Súbita non será válido.
- Está prohibido pactar resultados. Se o organizador considera que un resultado foi pactado este poderá descualificar do torneo a ámbolos dous bandos.
- Está prohibido pedir ou recibir consellos durante as partidas dun set.
- O gañador non está obrigado a repetir personaxe, pero deberá ser o primeiro en escollelo.
- Os Amiibo non están permitidos.
- Se un xogador non aparece aos 5 min de chamarse á súa partida e fai que o torneo se atrase daráselle o combate por perdido.
Configuración de la partida
Combate a 3 vidas e 7 minutos de límite de tempo.
Barra de Smash Final: Non.
Espíritos: Non.
Dano Inicial: Non.
Items: Desactivados ou Ningún.
Mecanismos: Non.
Lume Amigo: Si.
Impulso: 1.0x
Reforzo: Non.
Pausa: Non.
Puntuación: Non.
Medidor de Dano: Si.
Abalo Personalizado: Desactivado.
Loitadores Echo: Separados.
Radar: Grande.
Aliados Translúcidos: Non.
Loitadores Mii: Permitidas todas as combinacións de movementos*.
- Os loitadores Mii terán que usar os seus traxes por defecto (a cor pódese elixir). O nome do personaxe terá que ser o da elección dos movementos no formato XXXX (por exemplo: 1321).
Procedemento dun set.
- Selecciónase un escenario aleatorio entre os Escenarios Legais.
- Cada xogador escolle o seu personaxe (se se quere, pódese escoller o personaxe a cegas, cada xogador comunícalle ao organizador o personaxe que quere xogar, evitando así o counterpick)
- Xógase a primeira rolda.
- O xogador gañador declara se quere cambiar de personaxe e escolle primeiro.
- O xogador perdedor declara se quere cambiar de personaxe e escolle.
- Xógase a partida.
Los puntos 4, 5 y 6 se repiten hasta tener un ganador del BO3
Procedemento dun set (Semifinal e Final).
- Cada xogador escolle o seu personaxe (se se quere, pódese escoller o personaxe a cegas, cada xogador comunícalle ao organizador o personaxe que quere xogar, evitando así o counterpick).
- Para decidir a orde de strikes xógase un bo1 a pedra, papel, tesoiras. O gañador decide quen empeza o stage strike.
- O xogador que inicie o stage strike quita un dos 5 escenarios iniciais, o segundo quita outros dous máis e o primeiro elixe entre os dous restantes en cal se xogará a primeira rolda.
- Xógase a primeira rolda.
- O xogador que gañou a súa primeira partida do set pode prohibir que o outro xogador elixa un dos escenarios legais (iniciais + adicionais)
- O xogador que perdeu elixe o escenario onde xogará a seguinte rolda.
- O xogador gañador declara se quere cambiar de personaxe e escolle primeiro.
- O xogador perdedor declara se quere cambiar de personaxe e escolle.
- Xógase a rolda.
Os pasos 4, 6, 7, 8 e 9 repítense ata ter un gañador do BO5.
Escenarios legais
- Iniciais
- Campo de Batalla*
- Destino Final*
- Estadio Pokémon 2
- Pobo Smash
- Liga Pokémon de Kalos
- Adicionais
- Sobrevoando o pobo
- Sistema Lylat
- Liga Pokémon de Teselia
Se na primeira rolda dunha partida os xogadores van a Destino Final ou Campo de batalla poden poñerse de acordo para xogar nunha versión diferente destes.
Normativa de comportamento e asistencia Presencial Eliminatoria simple
- As partidas de quecemento (para comprobar as configuracións dos controis por exemplo) non deberán exceder os 60 segundos.
- Os participantes do grupo deberán estar na zona de consolas antes da hora de inicio.
- Os grupos serán chamados en orde e disputaranse todas as partidas de grupo ata quedar un só vencedor. Os participantes que non asistan serán eliminados.
- Agardarase un máximo de 5 minutos.
- Queda prohibida a detención dunha partida sen xustificación previa, coa penalización de round perdido en caso de producirse.
- Non se permite o coaching durante as partidas.
- Non se permite a conduta antideportiva presencial ou por chat.
Normativa de Controladores Versión Switch
- Os usuarios poden traer os seus propios controis para participar no torneo, aínda que non se poderán usar aqueles controis con función de macros ou turbos.
- O Mando Prol de Switch deberá estar conectado vía cable.
- Os conversores non están permitidos.
- A organización non conta con adaptadores de mando de Gamecube. Se queres usar este mando, deberás traer o adaptador.
- Cada xogador deberá axustar os seus controis antes de empezar a partida, non o podendo facer na metade dela. É responsabilidade dos participantes ter os controis preparados antes de cada partida.
- Poderanse crear e gardar esquemas de control. O seu nome non debe ser ofensivo.
Observacións:
Os xogadores están obrigados a manter unha actitude deportiva durante o transcurso da competición.
A organización non se fai responsable do material achegado polos participantes.
En calquera caso a decisión do organizador prevalece sobre as normas.
A esta normativa compleménta a normativa xeral.