Descrición
Tetris Effect é un videoxogo de crebacabezas desenvolto polo estudo xaponés Resonair e publicado por Enhance. O xogo anunciouse inmediatamente antes da Electronic Entertainment Expo 2018, e saíu á venda en PlayStation 4, incluíndo soporte opcional para PlayStation VR, o 9 de novembro de 2018.
Tipo de competición: Presencial. Eliminatoria simple.
Versión: PS4
Normativa específica
- A primeira eliminatoria xogarase en modo ULTRA.
- A fase final do torneo xogarase en modo Marathon, puntuarase por tempo de finalización.
- A competición xogarase nas consolas proporcionadas pola organización.
Normativa de comportamento e asistencia Presencial Eliminatoria simple
- As partidas de quecemento (para comprobar as configuracións dos controis por exemplo) non deberán exceder os 60 segundos.
- Os participantes do grupo deberán estar na zona de consolas antes da hora de inicio.
- Os grupos serán chamados en orde e disputaranse todas as partidas de grupo ata quedar un só vencedor. Os participantes que non asistan serán eliminados.
- Agardarase un máximo de 5 minutos.
- Queda prohibida a detención dunha partida sen xustificación previa, coa penalización de round perdido en caso de producirse.
- Non se permite o coaching durante as partidas.
- Non se permite a conduta antideportiva presencial ou por chat.
Observacións:
Os xogadores están obrigados a manter unha actitude deportiva durante o transcurso da competición.
A organización non se fai responsable do material achegado polos participantes.
En calquera caso a decisión do organizador prevalece sobre as normas.
A esta normativa compleménta a normativa xeral.