Tipo de competición: No puesto. 5 vs 5. Eliminatoria dobre.
Versión: PC. Última versión dispoñible en Steam.
Normativa específica Counter-Strike: Global Offensive
- Fase de Grupos: 30 roldas (xogadas ao mellor de 30): 15 como Terrorista e 15 como Anti-Terrorista por equipo.
- Se un equipo gaña 16 roldas, o xogo terminará inmediatamente
- En caso de empate xogaranse 6 roldas extra ata decidir un gañador: 3 como Terrorista e 3 como Anti-Terrorista por equipo.
- Condición de Gañador: O equipo que consiga 2 xogos.
- Condición de Gañador da Final: O equipo que perdese a menor cantidade de xogos posible, sendo esta cero se gaña a primeira partida o equipo do bracket de Winners.
- Para escoller equipos: Xogarase unha rolda a coitelo, sendo esta a única arma permitida. Ou lanzarase unha moeda.
- A organización poderase conectar ao servidor como observador ou para realizar tarefas de administración.
- Os xogadores están obrigados a gardar a partida. O servidor tamén o fará automaticamente.
- Comportamento presencial:
- Só os capitáns de equipo poderán usar as mensaxes públicas no xogo.
- Esta norma tamén se aplica cando estea morto.
- Calquera uso de mensaxes públicas por outro integrante do equipo será sancionable polo menos cun aviso.
- Os outros integrantes do equipo teñen que usar o modo de mensaxes de equipo.
- O sexto integrante ou adestrador pode dicir tácticas ou consellos desde detrás do equipo só durante as pausas do xogo.
- En caso de continuar durante o xogo, o equipo será sancionable polo menos cun aviso.
- O sexto membro ou adestrador terá que abandonar a zona de xogo se llo manda a organización.
- Se existe un problema, poderase pausar a partida para solucionalo.
- Se non está resolto antes de 5 minutos, o capitán deberá avisar á organización para evitar sancións.
- En caso de non avisar tras 5 minutos ou de non permitir á organización tratar de resolvelo, o equipo será descualificad.
- Os xogadores poden instalar e utilizar calquera programa de comunicación de voz: ventrilo, team speak, mumble,...
- A organización non se responsabiliza nin da súa instalación nin da súa configuración.
- Os xogadores poden comunicarse verbalmente se están vivos no xogo ou cando todos deixen de estalo.
- Os xogadores considéranse como mortos cando a súa pantalla se volve completamente negra.
- Se unha pantalla non se volve completamente negra, considerarase morto aos 3 segundos.
- Os xogadores non se poderán comunicar de ningún xeito con outros membros de equipo ou opoñentes ata o principio da seguinte rolda.
- Se o xogador continúa, o equipo poderá ser eliminado ou sancionado.
- Comportamento in-game:
- Poderase ir encima dun compañeiro de equipo ( boosting ), excepto naqueles lugares onde as texturas, muros, teitos ou firmes se volvan transparentes ou penetrables.
- Non se poderá cambiar o duck ao scroll do rato.
- O C4 teñen que ser posto nun lugar visible.
- Poderase poñer C4 usando boost.
- Poñer C4 silencioso considérase un fallo de xogo. A súa práctica supoñerá ser sancionado polo menos cun aviso.
- Permítese lanzar granadas por encima dos edificios en todo o mapa, nunca por baixo dos edificios.
- Se pasa algo cun bug das bengalas cegadoras, revisarase a partida e sancionarase ao infractor.
- Calquera uso de bugs das bengalas cegadoras resultará polo menos nun aviso.
- En caso de intencionalidade, o equipo será sancionado polo menos coa perda da rolda ata a descualificación.
- Poderanse usar GUIs personalizadas de código aberto, que poderán ser revisadas.
- Non se poderán usar modelos ou skins personalizados que non pertenzan ao xogo (nin skins de armas).
- Non se permitirá o uso de texturas de mapa personalizadas.
- Non se permite o uso de programas de cheats.
- Non se permite o uso de bugs de mapas.
- O uso dun Sky Box será sancionado coa descualificación do equipo.
- Non se poderá facer fireboosting.
- Non se poderá facer mapswinmming o floating.
- Non se poderá empregar o pixelwalking.
- Non se poderán empregar os gráficos de 16 bits.
- Non se permite o uso de certos scripts (Jumpthrow, recoil, AWP, Center or turn view, lag, ...)
- A organización poderá revisar as prácticas deshonestas ou o uso destes scripts.
- Se a organización considera que terceiros dan vantaxe a un xogador, o equipo será sancionado polo menos cun aviso.
- Desconexións durante unha partida:
- Se ningún participante pode xogar debido a accidentes desintencionados ou de visibilidade do servidor.
- Antes de comezar a terceira rolda desde o último restart, empézase de novo o xogo nese último restart.
- Despois de que comece a terceira rolda, o xogador desconectado deberá entrar no servidor. A rolda continúase sen pausa. Se o xogador non se pode conectar ao servidor, o resto de xogadores esperarán no tempo entre roldas ata que o xogador reconecte. Neste momento continúase o xogo normalmente.
- Se ata 3 participantes desconectan desintencionadamente, descártase a puntuación da rolda. A rolda párase no tempo entre roldas e os xogadores esperarán ata que reconecten os participantes. Cando todos conectaron, continúase o xogo.
- En caso de desconexión intencionada, a organización sancionará ao equipo.
- Tan só o capitán ou o manager de equipo poden protestar ou alegar cousas á organización.
- Se un participante non está de acordo con algunha norma, pode comentarllo a un organizador antes da partida.
- En caso de non querer conectar co servidor, sancionarase ao equipo coa descualificación.
- Se un organizador decide volver comezar a partida, o equipo que non acate a súa decisión será descualificado.
- odos os xogadores han de estar na zona de xogo cunha antelación mínima de 10 minutos respecto ao horario oficial de xogo.
- No caso de que falte algún xogador no momento de iniciarse a partida, esperaranse cinco minutos antes de nomear gañador ao adversario.
- Configuración da partida Counter-Strike: Global Offensive
- Tempo por Rolda: 1 minuto 45 segundos
- Diñeiro ao comezar a rolda: 800
- Diñeiro Extra ao recomenzar a rolda: 10.000
- Mapas Oficiais: cache, nuke, inferno, train, mirage, overpass y dust2
- Usarase o método de Veto de Mapa para seleccionar os mapas a xogar.
- Lanzarase unha moeda para escoller quen empeza vetando o primeiro mapa.
- Están permitidos todos os comandos de lanzamento/xogo que veñan incluídos, salvo:
- mat_hdr_enabled
- +mat_hdr_enabled 0/1
- -mat_hdr_level 0/1/2
- cl_showpos 1
- cl_showfps 1
- net_graph 0/1
- Calquera comando atopado nas opcións de lanzamento non aprobado por un organizador, será sancionado polo menos cun aviso.
- Configuracións de Vídeo Permitidas:
- Brightness - Calquera.
- Digital Vibrance - Calquera.
- Contrast - Calquera.
- Image Sharpening - Ningunha.
- Gamma - Calquera.
- Ajustes 3D - Calquera.
- Escala de juego - Calquera.
- HZ USB - Calquera.
- Color Depth Distinto a 16 bits.
- Calquera xogador que non estea nestes límites será sancionado polo menos cun aviso.
- Calquera outro parámetro da configuración da tarxeta gráfica poderá ser cambiado sempre que non supoña unha vantaxe.
- Opcións Aceptadas:
- Axustar punteiro ( Adjust_crosshair )
- Zurdos ( Left Hand )
- Usaranse os skins por defecto.
- O emprego de calquera fallo de mapa ou xogo ( bugs ou cheats ) erá sancionable polo menos cun aviso ou perderá a partida en favor do adversario despois da deliberación dos organizadores.
- O factor gamma poderá ser cambiado no controlador da gráfica
- Valores permitidos no Cliente:
- net_graph 0
- cl_showpos 0
- cl_showfps 0
- Valores por defecto que non poden ser cambiados
- cl_winddir
- cl_windspeed
- cl_removedecals
- cl_fastdetailsprites
- cl_interp
Normativa de comportamento e asistencia no posto Eliminatoria dobre
- A competición realizarase nos propios computadores dos participantes.
- Pode darse a casuística que a organización pida aos xogadores que xoguen algunha rolda nas areas. Neste caso avisarase con non menos de 1 hora de antelación.
- Queda prohibida a detención dunha partida sen xustificación previa, coa penalización de partida perdida en caso de producirse.
- Expulsarase da competición a calquera participante que utilice programas, glitches e/ou hacks que faciliten axudas.
- Non se permite o coaching durante as partidas.
- Non se permite a conduta antideportiva presencial ou por chat.
Comunicación
- Publicaranse os grupos, se os houbese, e o horario de xogo na intranet do evento.
Observacións:
Os xogadores están obrigados a manter unha actitude deportiva durante o transcurso da competición.
A organización non se fai responsable do material achegado polos participantes.
En calquera caso a decisión do organizador prevalece sobre as normas.
A esta normativa compleménta a normativa xeral.