Obradoiros

Iremos informando sobre os diferentes obradoiros que haberá na Extranet.

As prazas para asistir a conferencias e obradoiros son limitados.

 

HORARIO DE OBRADOIROS*

Venres, 11 de outubro

10:45 - 12:45 crea R, obradoiro de robótica

 

Sábado, 12 de outubro

10:00 - 13:45 Obradoiro de Chovafoam

 


*Este programa é provisional, e polo tanto está suxeito a variacións que se comunicarán oportunamente.


 

crea R,  obradoiro de robótica

Idioma: Castelán

RelatorLíbolis pequeños emprendedores S.L

Descrición do relatorio:

Obradoiro de robótica dirixido a nenos e nenas de entre 7 e 12 anos, cos que se quere potenciar a creatividade nos pequenos, espertar o seu espírito emprendedor, ensinarlles conceptos  STEAM (Ciencia, tecnoloxía, enxeñería, arte e matemáticas) e adestralos en habilidades como o traballo en equipo. Nesta ocasión o obradoiro consiste na programación e construción dun semáforo programado dentro dunha cidade sustentable. A actividade ten unha duración de dúas horas onde terá cabida ata un máximo de 30 rapaces e rapazas. A través dunha experiencia divertida, os nenos poden adquirir máis seguridade en si mesmos e darlle saída ao seu talento. Aí están, ademais, os valores do emprendemento e o  meollo dos chamados “conceptos  STEAM”: ciencia, tecnoloxía.

Para máis información: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

A que tipo de público está orientado?

A nenas e nenos de 7 a 12 anos.

Webwww.libolis.com

Horario: Venres, 11 de outubro, 10:45-12:45

Subir ^

Obradoiro de Chovafoam

Idioma: Castelán

Relator: Andivi Cosplay

Descrición do relatorio:

Obradoiro práctico de  Chovafoam (poliestireno  extruido) útil para facer tanto  props de cosplay como calquera outra cousa que poidades imaxinar. Neste obradoiro ensinarásevos a sacarlle o máximo partido a un material tan barato e accesible como este, a tomar as medidas de precaución necesarias para traballalo e con que materiais é máis compatible para traballar.

Ademais, este ano teremos unha pequena guía sobre texturizado aplicable a calquera material (foam,  worbla etc.) ademais duns cantos patróns para aqueles que queiran participar sen ter unha idea clara en mente. Animádevos!

A que tipo de público está orientado?

A todo tipo de público.

Horario: Sábado, 12 de outubro, 10:00-13:45

Subir ^

twitter facebook