Cando
Do 11 ao 13 de outubro de 2019
Onde
Pavillóns 1 e 2 da Feira Internacional de Galicia ABANCA (Silleda)
Enderezo:
Avda. Recinto Feiral S/N
36540 Silleda - Pontevedra
Como chegar
Cordenadas de GPS: 42.7044-8.243687
Acreditación
A acreditación comezará el Xoves 10 ás 16:00 e rematará o Domingo 13 ás 17:00 no seguinte horario:
Xoves 10 |
16:00 | 22:00 |
Venres 11 | 10:00 | 22:00 |
Sábado 12 | 10:00 | 22:00 |
Domingo 13 | 10:00 | 17:00 |
Información sobre espazo para pernoitar
Será posible durmir no recinto, na zona de descanso destinada para iso, desde a noite do día 10 ata a noite do día 12. Polo tanto, o recinto deberá ser abandonado o día 13 tras a finalización do evento, non habendo posibilidade de pernoitar nel o devandito día.
Cada participante deberá levar o seu propio material de acampada (saco de durmir, esterilla, colchón inchable ou tenda de campaña).
Non se poderán utilizar cordas para a suxeición das tendas de campaña, é dicir, estas deberán ser de tipo automontable.
Así mesmo, as tendas e os colchóns deberán ser do tamaño máis reducido posible, é dicir, deberán gardar relación co número de persoas que as vaian a utilizar.
Non se poderán instalar tendas ou colchóns que non cumpran estas condicións, a non ser que se deba a razóns xustificadas e fose excepcionalmente autorizado pola organización.
Esperamos que se todos atendedes a esta solicitude non teñamos dificultades de espazo. De calquera modo, se se xerasen problemas porque algún participante ignorase as indicacións expostas esta organización verase na obriga de pedir aos responsables a retirada dos elementos que os causasen. Agradecémosvos a vosa colaboración de antemán.
Servizo de ducha
Duchas situadas no Pavillón 2.
As duchas permanecerán pechadas durante as seguintes horas:
07:00 - 08:00
13:00 - 14:00
19:00 - 20:00
01:00 - 02:00
Entradas de día
Hai dúas modalidades de estar na XGN R Encounter: adquirir unha entrada para os 3 días polo proceso habitual, ou adquirir unha entrada de día. O prezo da entrada de día é de 10 € e poderá ser adquirida no mostrador de acreditación, dentro do seu horario de validez.
A validez das entradas de día é de 10:00 a 22:00, e só existirán os días 11 e 12 de Outubro (venres e sábado).
A entrada de día non dá dereito a conectar un computador na party.
Ademais a XGN R Encounter conta cunha zona aberta, de acceso gratuíto, tanto para os asistentes á party como ao público xeral.
Máis información sobre a EXTRANET aquí
Plano