1,2 Switch

Calquera pode xogar a 1-2- Switch! Tan só tes que mirar aos ollos ao teu rival e prepararte para descubrir as novas prestacións que ofrecen os mandos  Joy-Con, como a vibración  HD e os seus avanzados sensores de movemento.

Versión: Nintendo Switch. Última dispoñible.

Normativa

A competición realizarase na escenario, segundo cantidade de participantes realizarase a competición en 2 grupos en formato eliminatoria en cada grupo ou eliminatoria directa:

  • Publicación dos grupos e horario de xogo na intranet do evento.
  • Os participantes de cada horario deberán estar presentes antes da hora de inicio da súa rolda.
  • Xogarase na consola proporcionada pola organización, se alguén desexa traer os seus mandos pode facelo.

Formato da competición

○ Xogaranse de forma aleatoria en cada eliminatoria un máximo de 3  minixogos a formato  BO3.

○ A final xogarase a  BO5. Se o público o solicita poderase obrigar a xogar aos finalistas a algún  minixogo que resultase especialmente denigrante e humillante, sen acritude.

○ Eliminaranse da lista de xogos elixibles aqueles que se deban realizar coa consola (Pantalla) ou aqueles que o ORG considere perigosos polo entusiasmo dos participantes.

Normas de comportamento e xogo

○ Pausas. Non están permitidas como norma xeral. Se un xogador necesitase pausar o xogo por forza maior, ha de avisar aos outros xogadores antes de realizar a pausa.

○ Bugs e  Glitches. Non están permitidos.

Observacións:

A organización non se fai responsable do material achegado polos participantes.

A esta normativa compleménta a normativa xeral.

En calquera caso a decisión do organizador prevalece sobre as normas.

 

twitter facebook