Clash Royale

Configuración da partida

Para poder xogar unha partida 1vs1 no torneo, os participantes deben de ser amigos no xogo. A opción recomendada para iso é que un dos dous lle comparta ao outro unha ligazón cunha solicitude de amizade.

Para iso arrincamos o xogo e imos a Social → Amigos → Convidar a un amigo. Ao pulsar ese botón, ofrécense varias opcións para compartir a ligazón. O máis sinxelo sería copialo e enviarllo á outra persoa, a través da intranet ou outro medio de comunicación.

En canto as dúas persoas sexan amigas, pódese crear a partida. Para iso vaise de novo á lista de amigos e búscase ao rival. Unha vez atopado púlsase nel e, de entre as opcións que se ofrecen, escóllese “Batalla amigable”.

Se se aceptou á persoa e aínda non aparece na lista de amigos, poida que sexa necesario reiniciar o xogo.

Contacto e horario

Ámbolos dous xogadores deberán poñerse en contacto antes da hora establecida para xogar a partida, a través da intranet ou, de non responder, indo ao posto do rival. Se pasan quince minutos da hora establecida e non houbo contacto co rival de ningunha das dúas maneiras, o participante debe poñerse en contacto coa organización para proceder coa descualificación.

Os horarios non son fixos, é dicir, en caso de haber acordo entre ámbolos dous participantes a partida poderíase xogar antes da hora establecida, pero nunca despois.

O nick do xogador no xogo debe de coincidir co indicado na intranet.

Modo de xogo

As partidas xogaranse 1vs1 a Bo3. Se a organización o require, as partidas poden ser presenciais, senón cada xogador pode xogar desde o seu posto. Se un dos xogadores o require, a partida deberá realizarse cara a cara. Se non hai acordo do lugar, realizarase no posto do que non o requiriu.

Os mazos poden variar ao longo do torneo, mesmo cun mesmo rival. En caso de empate considerarase que esa partida non se xogou e poderanse cambiar mazos.

Entre partida e partida non debería haber unha demora maior de dous minutos sen ser por causa xustificada.

As perdidas de conexión non se teñen en conta a non ser que a partida estea a realizarse cara a cara, nese caso o xogador terá cinco minutos para conseguir conexión de novo e a partida que se estaba disputando considerarase como que non se xogou.

O formato dos  brackets poderá variar segundo o número de rexistrados.

O uso excesivo de emocións/iconas no xogo non é sancionable.

Resultados

Os resultados serán enviados polo gañador a través do formulario da actividade na intranet inmediatamente despois de finalizar. Non é obrigatorio enviar captura destes, pero si é recomendado gardala.

En caso de non recibir resultados antes da hora de comezo da seguinte rolda, considerarase que a partida non se xogou e ámbolos dous xogadores quedarían descualificados.

Observacións:

Os xogadores están obrigados a manter unha actitude deportiva durante o transcurso da competición.

A organización non se fai responsable do material achegado polos participantes.

En calquera caso a decisión do organizador prevalece sobre as normas.

A esta normativa compleménta a normativa xeral.

twitter facebook