Inscríbete

Este ano disporemos de 1.080 sitios para poñer o voso computador.

A entrada á party dá dereito a un posto para situar o computador, toma de corrente (unha soa toma por posto) e conexión a rede local e internet. Con todo, non é necesario traer o computador, nese caso non se poderá reservar praza.

Prezos:
•    Na party..........................40 €
•    Reserva de antemán......35 €

Data de preinscrición: A partir do 10 de setembro. A preinscrición NON asegura a praza.

A partir desa data será posible darse de alta na web, acceder ao sistema e organizar grupos de reserva. Disponse duns días para poder telo todo preparado antes de que dea comezo a reserva.

Data de reserva: Martes, 17 de setembro ás 10:00 da mañá.

Se tes calquera problema coas reservas ou a extranet, ponte en contacto con Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo..

 

Para máis información sobre o proceso de inscrición

 

Procedemento para realizar a reserva

1.- ENTRA 

Accede ao sistema. Se aínda non tes un usuario, poderás rexistrarte (aqueles que xa teñan un usuario creado no sistema non teñen que darse de alta de novo).

2.- PREINSCRÍBETE

Se o período de inscricións comezou, no apartado 'Reserva', encher os datos de preinscrición para a nova edición.

Se se opta por realizar a reserva en grupo, formar o grupo de reserva (explicado no seguinte punto).

3.- RESERVA

No momento de ‘Realizar reserva’ poden darse 3 situacións diferentes:

- Obter unha Reserva con selección de posto: Trátase do primeiro cupo de reservas, que unha vez confirmado o pago permite seleccionar o sitio.

- Obter unha Reserva sen selección de posto: É o segundo cupo de reservas, que unha vez esgotadas as reservas con selección de posto, adjudícanse por rigurosa orde ata esgotar as prazas disponibles. A asignación de sitios realizaraa a organización e enviará un mail cando teña sido realizada.

- Entrar En lista de espera, si se esgotaron xa tódalas prazas disponibles.

Pódese reservar en grupo ou de forma individual:

Nota importantenon é necesario refrescar a páxina do sistema de reservas manualmente, xa que o sistema é automático. Os usuarios que abusen do sistema serán bloqueados de forma temporal.

Reserva en grupo

Será o líder do grupo o interlocutor coa organización. Se non queres que o líder do grupo sexa a persoa responsable, NON fagas a reserva en grupo.

  1. Cada membro do grupo debe encher a ficha de preinscrición da party.
  2. Alguén (o líder do grupo) crea un grupo e dá o nome do grupo e o contrasinal aos seus amigos.
  3. Os amigos únense ao grupo usando o contrasinal dado polo líder do grupo.
  4. Cando as reservas teñan comezado, o líder do grupo realiza a reserva para todo o grupo. No cadro 'Reserva' haberá unha opción para 'Realizar reserva'. Ninguén máis pode unirse ao grupo despois disto, polo que será preciso contactar con Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. se o grupo foi pechado por erro. Nese momento mostrarase a información de como realizar o pagamento (a non ser que a cota de reservas dispoñibles se teña esgotado, nese caso será incluído na lista de espera).
  5. O líder do grupo realiza o pagamento para TODO o grupo. O pagamento realizarase mediante tarxeta.
  6. O líder recibe o e-mail de confirmación de pagamento.
  7. O líder do grupo elixe onde sentará o grupo na party. No caso de que sexa a organización a que realice a asignación dos sitios, unha vez realizada, o líder do grupo recibirá un email.
  8. Cada membro do grupo elixe o seu sitio de entre os sitios do grupo (sempre que na ficha de preinscrición indicase que levará ordenador).
Reserva individual
  1. Encher a ficha de preinscrición da party.
  2. Cando as reservas teñan comezado, realizar a reserva. No cadro de 'Reserva' haberá unha opción para 'Realizar Reserva'. Nese momento mostrarase a información de como realizar o pagamento (a non ser que a cota de reservas dispoñibles se teña esgotado, nese caso será incluído na lista de espera).
  3. Realizar o pagamento. O pagamento realizarase mediante tarxeta.
  4. Tras recibir o e-mail de confirmación de pagamento, elixir o sitio concreto a ocupar na party (sempre que na ficha de preinscrición indicases que levarás ordenador). No caso de que sexa a organización a que realice a asignación dos sitios, unha vez realizada, recibirás un email.

Usando calquera dos métodos anteriores, só se disporá de sitio na party, tras realizar a reserva correspondente e a confirmación do pagamento.

^subir

 

Selección de sitios

Os postos NON son enfrontados, tódals las filas miran cara á pantalla.

En primeiro lugar cómpre realizar a reserva para asegurar que hai espazo dentro da party. Se a reserva é con selección de posto, a praza concreta a ocupar selecciónase unha vez confirmado o pago. Se a reserva é sen selección de posto, a asignación dos sitios será realizada pola organización.

Debes ter en conta que as prazas para seleccionar nunha mesma fila deben ser consecutivas. Ademais, non é posible deixar unha única praza libre á dereita ou á esquerda.

A organización resérvase o dereito para realizar movementos dos usuarios, así como a realizar a asignación dos sitios, en aras de optimizar o espazo dispoñible.

^subir

Acerca da lista de espera

Cando a cota de reservas dispoñibles se teña esgotado, ao realizar a reserva serás incluído na lista de espera, e no caso de que obteñas unha reserva, recibirás un e-mail con información para realizar o pago (non será posible realizar o pago ata ter asegurada a reserva).

Funcionamento:

1. Reservas con selección de posto: Nun primeiro momento asígnanse as reservas que corresponden ás prazas de libre disposición (as que se mostran de cor verde no mapa de ocupación).

Desde a organización realizarase unha reorganización de prazas, para poder situar aos grupos que nesas primeiras reservas non puideron seleccionar os seus sitios xuntos.

2. Reservas sen selección de posto: A partir deste momento, a asignación dos sitios será realizada pola organización, en aras de optimizar o espazo dispoñible (ata que se esgoten as posibilidades de sitios xuntos).

3. Cando estas se esgoten, comeza a formarse a lista de espera, mantendo a orde da reserva. Asignaranse as reservas restantes ata completar o aforamento.

A medida que se produzan cancelacións de prazas confirmadas, esas reservas iranse asignando á lista de espera.

Nota: Aínda estando aberta a lista de espera, é posible que o mapa de ocupación mostre prazas de cor verde, pero non significa que estean libres. Significa que esas reservas xa foron asignadas, aínda que as prazas non fosen seleccionadas polo usuario.

^subir

Procedemento para solicitar devolución de entradas

É importante que aquela persoa que finalmente non vaia poder asistir e teña unha entrada realice a devolución. Así poderemos dar cabida a aquelas persoas que quedaron sen sitio e desexan asistir.

As devolucións realizaranse tendo en conta a data de confirmación da baixa.:

  • Ata o 2 de outubro, - devólvense 25 €.
  • Do 3 ao 7 de outubro, - devólvense 15 €.

Para tratar calquera tema referente ás devolucións escribir a Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. co tema "DEVOLUCIÓN" no asunto da mensaxe (se é reserva de grupo será mediante o líder do grupo).

^subir

twitter facebook