Goku supera o seu propio límite! O xogo de Dragon Ball máis espectacular dos últimos anos. Feito por Arc System Works, os creadores de sagas de loita tan importantes como Guilty Gear e BlazBlue.
Tipo de competición: Presencial. Brackets de grupo 1 vs 1. Eliminatoria simple nas primeiras fases e dobre nas finais.
Versión: PS4
Normativa específica
* Tanto a fase eliminatoria como a final disputaranse ao mellor de 3 partidas (BO3).
* Cada combate será 3 vs3 cun límite de tempo de 300 segundos.
* Só o participante que perdeu a rolda pode cambiar de loitador.
* O mapa será seleccionado aleatoriamente, en caso de elixir un mapa concreto reiniciarase cun mapa aleatorio.
* En semifinais e a final a selección de personaxe poderá ser cega se os xogadores o desexan. Na semifinal e final cada xogador diralle ao organizador que personaxe vai xogar sen que o saiba o rival e despois seleccionaraos evitando así o " counterpicking".
* No caso de que haxa Gran Final, o gañador da fase de Losers terá que gañar 2 Sets para gañar a competición.
* Estarán dispoñibles todos os personaxes que saísen ata o momento.
Configuración da partida
* Duración da partida: 300 segundos.
Normativa de Controladores
* Os usuarios poden traer os seus propios controis para participar no torneo, aínda que non se poderán usar aqueles controis con función de macros ou turbos.
* O Mando de PS4 deberá estar conectado vía cable.
* Os conversores Cronus Max Plus e Titan One non están permitidos.
* En caso de necesitar un adaptador para poñer controladores doutra plataforma, a organización dispón de adaptadores Cronus Max Plus preparados expresamente para os torneos. Estes serán os únicos adaptadores permitidos.
* Cada xogador deberá axustar os seus controis antes de empezar a partida, non podéndoo facer á metade desta. É responsabilidade dos participantes ter os controis preparados antes de cada partida.
Normativa de comportamento e asistencia
* As partidas de quecemento (para comprobar as configuracións dos controis por exemplo) non deberán exceder os 60 segundos.
* Os participantes do grupo deberán estar na zona de consolas antes da hora de inicio.
* Os grupos serán chamados en orde e disputaranse todas as partidas de grupo ata quedar un só vencedor. Os participantes que non asistan serán eliminados incluído nas roldas de losers se as houbese.
* A participación das roldas de losers é opcional, en caso de non querer participar nelas, informade ao organizador da actividade cando vos teñan eliminado da rolda principal.
* Agardarase un máximo de 5 minutos.
* Queda prohibida a detención dunha partida sen xustificación previa, coa penalización de partida perdida en caso de producirse.
* Non se permite o coaching durante as partidas.
* Non se permite a conduta antideportiva presencial ou por chat.
Observacións
* Publicaranse os grupos, se os houbese, e o horario de xogo na intranet do evento.
* A organización non se fai responsable do material achegado polos participantes.
* En calquera caso a decisión do organizador prevalece sobre as normas.
* Se a organización sospeita de calquera intento de confabulación ou pacto resérvase o dereito a non entregar o premio.
* A esta normativa compleménta a normativa xeral.