Cada asistente poderá traer, se o desexa, o seu computador, traballos que realizase no seu computador, programas, xogos, utilidades e por suposto os últimas Demos que conseguise.
Que ninguén espere poder atopar un computador libre para copiar os gráficos ou demos que se presenten na party. Outra cousa importante é que cada un traia o computador preparado para conectar a un só enchufe, é dicir, que traia o seu propio ladrón para conectar o monitor, o Amiga/PC, etc.
Ademais cada usuario terá que ser autosuficiente, necesitará o monitor, fonte de alimentación,... para usar o seu computador. A organización non pode facilitar monitores, nin fontes, nin ratos, nin ningún outro elemento.
A organización non se fai responsable do deterioro, rotura, nin roubo dos computadores e outros elementos que traian os participantes.
Pódese vir sen nada, pero non o recomendamos, por unha banda, porque é moito máis aburrido que vir co computador e por outra, porque sería conveniente reunir o maior número de computadores no recinto (ata un máximo de 1.080 computadores).
Coida a seguridade do teu computador
... e polo tanto a dos demais. Nunha rede local de 1.080 computadores poden ocorrer moitas cousas, polo tanto lembrámosche que a seguridade é unha labor de todos e que debes traer o teu computador convenientemente preparado. Algúns pasos que deberías comprobar son os seguintes:
- Instala un Firewall (cortalumes) persoal na túa PC.
- Instala os últimos parches de seguridade, tanto os do sistema operativo como os das aplicacións que uses.
- Ten o teu antivirus actualizado e comproba periodicamente que non se coou ningún virus, verme, troiano ou calquera outro malware no teu computador.