Catering Compostela

Este ano tamén dispoñeremos dun servizo de catering na XGN R ENCOUNTER.

A petición dun bono de comida realízase desde a extranet. Haberá unha opción máis para ese efecto na pantalla de reserva para aqueles que teñan o pago confirmado.

O último día para solicitar o bono de catering é o 7 de outubro 2019.

 

Ofrecémosvos dúas modalidades:

Bono 4 días (desde cea xoves ata comida domingo): o seu prezo será de 55,00

  • Xoves: Cea
  • Venres: Almorzo+Comida+Cea
  • Sábado: Almorzo+Comida+Cea
  • Domingo: Almorzo+Comida

Bono 3 días (desde cea venres ata comida domingo): o seu prezo será de 41,00

  • Venres: Cena
  • Sábado: Almorzo+Comida+Cea
  • Domingo: Almorzo+Comida

O pago da modalidade que elixas terás que realizalo na party (en cafetería).

 

Horario Catering:

Almorzo: De 9:30 a 11:00

Comida: De 13:30 a 16:00

Cea: De 21:30 a 23:00 

 

O menú almorzo consiste nun café ou Cola Cao, unha peza de bolería e un zume.

Os menús de comida e cea compóñense de primeiro prato, 2º prato, pan e sobremesa.

 

Tipo de menús:

  • 1ro prato:

    Legumes: Lentellas, garavanzos, fabas,…

    Verdura: Judias, puré,…

    Macarróns con tomate/queixo

    Ensaladas variadas: mixta, pasta,…

    Pementos recheos

    Sopa

    Paella

  • 2º prato:

    Salchichas con puré de pataca

    Albóndegas con tomate, en salsa

    Pito asado, guisado,…

    Costela ao forno

    Peixe rebozado

    Lombo con patacas

    Xarrete con patacas

  • Postre:

    Flan

    Iogur

    Froita

    Tartas variadas

twitter facebook