Prensa
Responsables de prensa:
Aitor Ubarretxena. Infotres Comunicación.
943 22 45 30 / 609 12 16 66
E-mail: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
Silvia Regal. Fundación Semana Verde de Galicia
986 577000 / 669 840532
E-mail: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
- Os participantes valoraron moi positivamente os resultados desta décimo novena edición, cun 15% máis de participantes que o ano pasado, o dobre de velocidade de conexión a internet, que pasou de 10 a 20 Gbps, e máis actividades que nunca para participantes e visitantes
- Tras esta exitosa edición consolídase a aposta estratéxica de chegar a ser a medio prazo a segunda lan party máis grande de España, por detrás da Euskal Encounter no País Vasco
- Finalmente, foron 932 os participantes neste evento, que tamén contou con máis de 2.000 visitantes na Extranet, a zona aberta ao público que ofreceu actividades lúdicas e formativas, de forma gratuíta, a quen se achegou á Feira Internacional de Galicia ABANCA en Silleda (Pontevedra)
- A participación nas actividades, conferencias, obradoiros e competicións propostas pola organización incrementouse este año, así como a calidade dos traballos presentados nas categorías de Arte Dixital, o que confirma que no evento se deron cita participantes cun gran talento artístico xunto a expertos en distintos campos tecnolóxicos: programadores, expertos en seguridade informática, afeccionados aos videoxogos…
- Este evento, que conta co apoio da Consellería de Política Social e con R como empresa patrocinadora e colaboradora, confirma a súa vocación como punto de reunión dos afeccionados á informática para o intercambio de coñecementos e experiencias
Ler máis...
- O ponferradino Orestes Carracedo, cofundador de Lighthorse e Navigo, ambas con sede en EEUU, impartiu hoxe unha charla na XGN R Encounter, na que recomendou desenvolver as habilidades e as competencias dos profesionais do sector tecnolóxico, e non tanto pola acumulación de coñecementos sobre as ferramentas informáticas, para lograr expertos máis competentes e eficaces
- A empresa Navigo, creada por Carracedo xunto a outros dous desenvolvedores de Estados Unidos e Reino Unido, creou unha aplicación que permite solicitar axuda urxente dende países en situación de alto risco, aínda que non exista acceso a Internet, unha ferramenta especialmente recomendada para ONGs. “É unha satisfacción crear un sistema de alerta grazas ao cal basta pulsar o botón para que veña un helicóptero para salvarte. Grazas ao noso traballo téñense salvado vidas”, apuntou o desenvolvedor
- A XGN R Encounter, que conta co apoio da Consellería de Política Social e con R como empresa patrocinadora e colaboradora, ofreceu talleres e conferencias gratuítos para fomentar a divulgación do coñecemento tecnolóxico e hoxe celebra a segunda xornada desta edición no recinto Feira Internacional Galicia ABANCA de Silleda
Ler máis...
- Esta mañá quedou inaugurada a party, con 72 horas cargadas de actividades por diante, un 14% máis de participantes que na pasada edición, e maior velocidade de conexión a Internet que nunca: 20 Gbps
- A lan party conta con postos para cerca dun milleiro de participantes, así como unha zona aberta ao público que ofrece actividades lúdicas e formativas, de forma gratuíta a quen se acheguen á Feira Internacional de Galicia ABANCA en Silleda
- O vicepresidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, e a directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cristina Pichel, inauguraron o evento acompañados doutras autoridades
- Esta décimo novena edición realizou unha especial aposta pola realidade virtual, un sector tecnolóxico en auxe que ofrece un número cada vez maior de opcións lúdicas e de servizos a empresas e profesionais
- Este evento, que conta co apoio da Consellería de Política Social e con R como empresa patrocinadora e colaboradora, segue así dando pasos para converterse na segunda lan party máis importante a nivel nacional
Ler máis...
- O prazo comeza hoxe e as xestións poden realizarse na web www.xgnrencounter.gal
- O evento, que terá lugar no recinto Feira Internacional de Galicia ABANCA, contará de novo co apoio da Consellería de Política Social e con R como empresa patrocinadora e colaboradora
Ler máis...