Outras actividades

Non importa se es un scener, un gamer, gústache o modding, ou se simplemente non encaixas en ningún outro lado... Esta é a túa sección! Só che pedimos que deixes a vergoña na casa.

 

 THE ONE AND ONLY CONQUEST

Consiste en ser a persoa ou persoas que máis participan e gañan nos eventos de OUTRAS ACTIVIDADES, ao gañar nos eventos entregaránsevos fichas e ao final da party entregarase o premio, non vos emocionedes moito… conteñamos o hype…

 

 3 EN PONG- Puntuable para THE ONE AND ONLY CONQUEST

Xogo con pelotas de ping pong consistente en encestar botando pelotas en vasos e conseguir 3 en raia.

 

 Salto, salto… Pedra Papel Tesoira

O xogo consiste en 2 equipos que sairán dende un punto inicial e irán saltando por marcas no chan e ao encontrarse co xogador rival, o paso determinarao o gañador do duelo a pedra papel ou tesoira.

 

 CAST IT- Puntuable para THE ONE AND ONLY CONQUEST

Por parellas débese castear un vídeo, pódese traer preparado ou, ao tolo, deixar que o público decida. O público respetable decidirá se cortar o non … deben ter un mínimo de calidads.

 

 TELETENDA- Puntuable para THE ONE AND ONLY CONQUEST

Por parellas débese presentar e intentar vender as bondades dos obxectos que se irán entregando.

 

 Artista matutino- Puntuable para THE ONE AND ONLY CONQUEST

Debéis aprovechar el día buscando a vuestro ORG favorito, la idea es realizar una caricatura del mismo que vosotros mismos puntuareis.

 

 Globo Battle Royale- Puntuable para THE ONE AND ONLY CONQUEST

Entregarase un globo a cada participante que deberá inflalo ataelo regulamentariamente ao nocello e á orde de inicio, toca estourar os globos do resto, só pode quedar un.

 

 O trabaparty- Puntuable para THE ONE AND ONLY CONQUEST

Presentarase un trabalinguas na pantalla e á orde de inicio deberase recitar do xeito máis rápido posible. O público respetable decidirá se vale ou non.

 

 Proba de exteriores- IRRINTZI- Puntuable para THE ONE AND ONLY CONQUEST

Básico non?, importante o jijijijij del final, para mostra un botón:

https://www.youtube.com/watch?v=HjK0FXnremE

 

 O canto do louco- Puntuable para THE ONE AND ONLY CONQUEST

Por parellas proporase unha canción e unha palabra clave, débese tararear a canción só usando a palabra e únicamente a palabra dita.

 

 Cutreatro

O mellor é actuar sen guion coñecido, subirán ao escenario varios participantes e realizaremos unha estraña permormance e xa veremos que sae.

 

 Pictionary- Puntuable para THE ONE AND ONLY CONQUEST

Subirán ao escenario grupos de 4, 3 pintan 1 adiviña… Os que pintan teñen 5 segundos cada un para debuxar por turnos. Ao finalizar o tempo, o que adiviña debe decir que se debuxou.

 

 Tuister JASTAG

Proporanse varios retos ou publicacións que serán avaliables ou puntuables, atentos á intranet.

 

 Fast Crimping

Cres que crimpar é doado? que isto se monta só? vente ao escenario e demostra as túas destrezas ou aprende unha nova, quen sabe.

 

 Torneo de Xadrez

Torneo de xadrez no espazo habilitado diante do bar. Información no mesmo punto.

 

twitter facebook