Intranet xogos - Partynet
- Na intranet da party, haberá unha sección chamada Partynet, que será a web/intranet específica de xogos para o evento.
- Todos os usuarios han de facer un bo uso do Partynet.
- Se se detectasen accións malintencionadas, o usuario poderá ser penalizado mesmo coa expulsión do evento.
- A información da Partynet estará en continua actualización, prevalecendo o seu contido sobre o publicado en xgnrencounter.gal
- Se estás apuntado a unha competición, non esquezas visitar periodicamente Partynet para ver o estado da competición, noticias, avisos, etc.
Inscricións
- Para inscribirte nunha competición:
- Has de estar na party e ter o teu computador en LAN
- Has de acceder á intranet a través dunha navegador Web, cos mesmos datos de usuario que na inscrición á party.
- Unha vez autentificado, terás acceso ao Partynet, listaxe de competicións e á inscrición nelas.
- Só debes inscribirte nas competicións que realmente queiras xogar e dispoñas de tempo para elas. Se a organización ve que te inscribiches en varias competicións para logo non xogalas, serás penalizado.
- Se a inscrición é para un equipo, todos os integrantes do equipo han de rexistrarse na intranet por separado. Unha vez rexistrados, o capitán do equipo será o encargado de inscribirse na competición e engadir ao resto de xogadores ao equipo.
- Os xogadores da GameGune non poderán participar nas competicións de Partynet.
Normativa xeral para as competicións
- Cada competición pode ter unha normativa específica que complementa á normativa xeral.
- En caso de normas similares, a normativa específica prevalece sobre a normativa xeral.
- Horarios e información
- Toda a información acerca das competicións será publicada e actualizada en Partynet.
- Puntualidade. Van facilitar uns horarios de competición a seguir.
- Partidos
- Has de buscar ao teu adversario para xogar a partida.
- Unha partida non se pode atrasar máis de 15 minutos do horario previsto.
- Se o teu opoñente non apareceu durante eses 15 minutos, has de comunicarllo ao organizador da competición, quen ditaminará que facer, sendo a decisión normal a descualificación do xogador que se atrasou. Durante o tempo de espera has de permanecer no servidor ou posto de xogo.
- Se o atraso é por ámbolos dous xogadores/equipos, realizarase un sorteo para determinar quen pasa á seguinte rolda.
- Cada equipo terá 30 minutos despois de finalizar a rolda de partidos para enviar o resultado a través do Partynet. Excedido ese tempo o resultado non contará e a competición seguirá adiante.
- Se pasados 30 minutos do termo de cada rolda aínda faltan resultados, os participantes destes serán descualificados e, se fose necesario, realizarase un sorteo para seguir coa competición.
- Se abandonas voluntariamente unha partida, darase a partida por perdida.
- Desconexións durante un partido
- En caso de desconexión durante un encontro: consultar normativa específica da competición, ou consultar co organizador.
- Resultados
- Os resultados hanse de enviar a través de Partynet.
- Control de partidas
- Demos
Se o xogo o permite, obrigatoriamente, todos os xogadores deberán gravar demo da partida. - Screenshots
Todos os xogadores deberán sacar unha screenshot ao comezo dunha partida coa listaxe e información de xogadores, e outra ao finalizar a mesma co resultado. As screenshots han de mostrar toda a pantalla e non estar recortadas. - Estas demos e screenshots poderán ser solicitadas pola organización.
- Calquera organizador pode pedir e comprobar a configuración dos xogadores.
- Demos
- Substitucións
- Para equipos
- Non se poderán realizar substitucións durante un enfrontamento, salvo excepcións: Problema de hardware ou forza maior. En tal caso pausaríase o partido (se o xogo o permitise) e consultaríase coa organización. No caso de que o xogo non permita pause, o xogo continuará sen que ninguén pulse un só botón mentres o xogador implicado comenta o problema coa organización. Se a organización o ve oportuno dará permiso a que un xogador suplente entre na metade do enfrontamento, a condición de que ese xogador xa estea inscrito no equipo.
- Para competicións dun só xogador
- Non se permiten substitucións durante todo o campionato.
- Para equipos
- Configuración nos xogos
- Usaranse as configuracións e skins por defecto, podendo cambiar controis e configuracións permitidas segundo competición.
- Non se permite o uso de Cheats, Bugs, Exploits, Scripts que non estean permitidos nas normas específicas da competición.
- Comportamento
- Respecto e xogo limpo.
- Prégase que manteñades os postos limpos.
- Facede bo uso do material das competicións.
- Non se permiten altofalantes, megáfonos, vuvuzelas….
- Se a partida se realizou nun servidor ou consola da organización, unha vez acabada has de irte. Se durante un partido entras ou molestas ao resto de xogadores, serás penalizado.
- Só os capitáns poden facer uso do chat público. En caso de xogos individuais, todos poden facer uso do chat público.
- Contactar coa organización
- Calquera xogador en xogos individuais pode contactar coa organización.
- Só o capitán en xogos por equipo pode contactar coa organización.
- En caso de dúbida, disputa, protesta, deberase contactar en primeira instancia co organizador responsable da competición.
- En casos excepcionais ou en caso de non chegar a un acordo co organizador da competición, poderase contactar co coordinador da área de xogos, Slipy.
- Se a reclamación é sobre unha partida, esta deberá realizarse unha vez acabada a partida.
- Se un equipo protesta sen motivo aparente, presenta probas ou acusacións falsas será penalizado.
- Lembrade, sexa cal fose o caso, acudide con calma ao organizador.
- Lembrade, todos somos asistentes a unha party, e farase uso da megafonía e do videowall, polo cal pedimos a todos un pouco de comprensión respecto ao ruído ambiente á hora de xogar un partido, debido a que non se baixará o volume nin se atrasará ningunha actividade.
- O incumprimento da normativa pode carrexar unha penalización, a expulsión de todo o equipo da competición ou mesmo da party en casos graves.
- A organización resérvase o dereito para modificar o regulamento sen previo aviso coa fin de actualizar as normas, mapas, horarios ou comportamentos das competicións, avisando diso a través da intranet de xogos, Partynet.
- En calquera caso a decisión do responsable da competición, ou do coordinador da área, prevalece sobre as normas tanto xerais como específicas.
Entrega de premios
- Premios en metálico:
- Os premios en metálico estarán suxeitos ás retencións oportunas e entenderase que inclúen impostos indirectos que serán de aplicación no caso de existir.
- Pagaranse mediante transferencia bancaria. Os datos precisos para o pago deberán ser enviados por mail á organización do evento no prazo indicado.
- Premios en Software ou Hardware:
- Débese recoller o premio persoalmente na ceremonia de entrega de premios. Non obstante, poderán recollelo no dito acto por medio daquela persoa que designe con antelación, mediante escrito, adxuntando DNI do gañador. Non se entregará ningún premio en software ou hardware fora da ceremonia de entrega de premios.