Entrega dos traballos: Cada participante apuntarase e subirá a súa produción á intranet á categoría á que desexe participar e poderá comprobar tranquilamente que a súa produción se subiu correctamente.
A ilustración dixital será creada directamente no noso computador, usando software para tal fin (Photoshop, Gimp, photofiltre...) e con axuda de dispositivos como ratos, lapis ópticos e tabletas dixitalizadoras.
Non se permite a de corrección de imaxes a través do computador, tampouco dixitalizar e editar debuxos creados a man, senón de que artista debe crear directamente sobre a pantalla (en ocasións a partir dun BOSQUEXO analóxico) dando como resultado imaxes produto unicamente da suma de miles de trazos independentes que en conxunto formen a ilustración.
A produción pode realizarse durante os últimos anos ou a última hora na propia party, o tempo que cada participante investise no resultado final non será tomado en conta se non que se valorará o resultado final. Para poñer a proba a capacidade de ilustración nun curto espazo de tempo, podedes animarvos a participar na competición Fast 2D.
Resolución máxima: 1280x1024
Formatos permitidos: PNG (recomendado) e GIF.
O autor deberá entregar pasos intermedios (ata un máximo de 10) que representen o proceso do debuxo. Os pasos deberán estar numerados da seguinte forma: Se o gráfico final se chama ENTREGA.PNG, os pasos chamaranse ENTREGA01.PNG, ENTREGA02.PNG,..., ENTREGA10.PNG e ENTREGA11.PNG en caso de ter 10 pasos. O gráfico ENTREGA01.PNG será o máis antigo, o menos traballado, e ENTREGA11.PNG o gráfico final (o que concursa).
En caso de non dispoñer dos pasos deberase entregar un arquivo coas capas.
Os pasos entregaranse xunto con DOUS .txt nun ficheiro comprimido (ZIP):
-UN cos datos do participante (Nome, apelido e teléfono).
-OUTRO cunha breve explicación (máximo tres liñas) dos programas técnicas utilizadas.
Os pasos previos serán mostrados tanto ao xurado como ao público.
Só se permitirá unha produción por autor.
A presentación dos traballos realizarase baixo a licenza de utilización Creative Commons Attribution-NonCommercial-NoDerivs, aínda cando o autor indique unha licenza de utilización diferente ou ningunha.
Os traballos deberán ser orixinais e libres de royalties. Ademais, non deben participar anteriormente en ningún outro concurso.
Un xurado designado pola organización valorará os traballos presentados baseándose na súa técnica, orixinalidade e calidade artística e eventualmente poderán declarar deserta a competición en caso de considerar que a calidade dos traballos é insuficiente.
O fallo de xurado é inapelable.
A esta normativa compleménta a normativa xeral.
La participación en la competición conlleva la aceptación de sus Normas.
Ilustración Dixital gañadora no XGN R Encounter 18 - Autor: 'Yorokobimc'