Na Intranet poderedes inscribirvos na actividade.
Durante a party, anunciaranse as compos e o tema polas pantallas para que os interesados accedan á intranet e poidan participar.
FASTCURTAMETRAXE
Non te equivoques, non buscamos a un novo Spielberg, só queremos que nos fagas rir.
Trátase de gravar unha curta, durante a party, cunha cámara dixital ou un teléfono móbil, cunha duración máxima de 3 minutos. Sabede que aínda que vos estendades, só se valorarán os 3 primeiros minutos da curta. Valoraremos especialmente a orixinalidade e co millón de apps para vídeo gratuítas que hai polo mundo xa non hai escusa.
Seguiremos mantendo a categoría con temática que vos será revelada en canto se active a actividade na intranet. Lembrámosvos que se a vosa produción non se axusta a ese tema, ou xa a tiñades feita de antes ou é un posible futuro premio Goya podédela enviar a á categoría de curtas.
NOTA: Subtítulos integrados obrigatorios.
MÚSICA
Dámosvos 24 h para que poidades aproveitar o silencio da noite nas vosas gravacións, o tema pode ser un ritmo, un vídeo ou quen sabe de onde virá a inspiración.
2D
Unha hora para realizar un speed paint, o reto da folla en branco! Cun tema que aparecerá no spoiler da intranet á hora sinalada.
3D
Unha hora para modelar cun tema que aparecerá no spoiler da intranet á hora sinalada.
GIF
LA escusa perfecta para os que non controlades de ningunha das categorías anteriores, pero sodes enxeñosos e tedes ideas, móbil en man buscando esa escena que pide a berros repetirse en bucle ata o infinito. Ou como trolear aos amigos e xente do escenario por que si.
Deberedes subir as vosas producións directamente á Intranet. Os traballos deberán ser orixinais e libres de royalties. Ademais, non deben participar anteriormente en ningún outro concurso.
A presentación dos traballos realizarase baixo a licenza de utilización Creative Commons Attribution-NonCommercial-NoDerivs, aínda cando o autor indique unha licenza de utilización diferente ou ningunha.
Un xurado designado pola organización valorará os traballos presentados baseándose na súa técnica, orixinalidade e calidade artística e eventualmente poderán declarar deserta a competición en caso de considerar que a calidade dos traballos é insuficiente.
O fallo de xurado é inapelable.
A esta normativa compleménta a normativa xeral.
A participación na competición leva a aceptación das súas Normas.
Non esquezades poñer o voso nome ou nick e posto na party, por se tivésemos que poñernos en contacto convosco. Os traballos proxectaranse en pantalla as noites do venres e do sábado. A Organización resérvase o dereito de non proxectar aquelas producións cuxo contido considere inadecuado.
Fast 2D gañador no XGN R Encounter 18 Fast 3D gañador no XGN R Encounter 18
Autor: 'AlessaKael' Autor: 'Zambuseta'