A mellor e máis grande XGN R Encounter da historia remata hoxe con altísima nota

  • Os participantes valoraron moi positivamente os resultados desta décimo novena edición, cun 15% máis de participantes que o ano pasado, o dobre de velocidade de conexión a internet, que pasou de 10 a 20 Gbps, e máis actividades que nunca para participantes e visitantes
  • Tras esta exitosa edición consolídase a aposta estratéxica de chegar a ser a medio prazo a segunda lan party máis grande de España, por detrás da Euskal Encounter no País Vasco
  • Finalmente, foron 932 os participantes neste evento, que tamén contou con máis de 2.000 visitantes na Extranet, a zona aberta ao público que ofreceu actividades lúdicas e formativas, de forma gratuíta, a quen se achegou á Feira Internacional de Galicia ABANCA en Silleda (Pontevedra)
  • A participación nas actividades, conferencias, obradoiros e competicións propostas pola organización incrementouse este año, así como a calidade dos traballos presentados nas categorías de Arte Dixital, o que confirma que no evento se deron cita participantes cun gran talento artístico xunto a expertos en distintos campos tecnolóxicos: programadores, expertos en seguridade informática, afeccionados aos videoxogos…
  • Este evento, que conta co apoio da Consellería de Política Social e con R como empresa patrocinadora e colaboradora, confirma a súa vocación como punto de reunión dos afeccionados á informática para o intercambio de coñecementos e experiencias

Silleda, 13 de outubro de 2019.- Os organizadores da XGN R Encounter valoraron moi positivamente os resultados desta décimo novena edición, con 123 participantes máis que o ano pasado (máis dun 15% de incremento), chegando aos 932, o dobre de velocidade de conexión a internet, que pasou de 10 a 20 Gbps, e máis actividades que nunca para participantes e visitantes. Tras esta exitosa edición, consolídase a aposta estratéxica por converter a medio prazo á XGN R Encounter na segunda lan party máis grande de España, por detrás da Euskal Encounter.

As melloras introducidas na pasada edición, que buscaban incrementar o confort dos participantes, xunto á optimización da rede técnica, que permitiu duplicar a velocidade de conexión a Internet, de 10 a 20 Gbps, grazas á tecnoloxía de R, marcan o camiño para seguir, segundo Ricardo Durán. O director xeral da Fundación Semana Verde destacou tamén o crecemento do evento, que vén facendo máis acusado nos últimos anos, así como o alto grao de satisfacción dos participantes, segundo se desprende das primeiras valoracións recollidas.

A Feira Internacional de Galicia ABANCA contou de novo con R como colaboradora e patrocinadora oficial e tamén co respaldo da Consellería de Política Social, impulsora do evento. Finalmente, foron 932 os participantes neste evento, que tamén contou con miles de visitantes á Extranet, a zona aberta ao público que ofreceu actividades lúdicas e formativas, de forma gratuíta, a quen se achegou ao recinto feiral de Silleda (Pontevedra); preto de 2.000 persoas pasaron polo recinto para gozar das experiencias de realidade virtual, conferencias, xogos, exhibicións, talleres formativos e exposicións.

Os organizadores tamén destacan a altísima participación dos inscritos nas máis de 70 actividades. En concreto, resultou rechamante a calidade dos traballos presentados en arte dixital, o interese polas zonas de impresión 3D e realidade virtual e a asistencia ás conferencias e talleres formativos. Entre estes últimos destacan os talleres “crea R” de robótica, financiados pola Fundación Euskaltel e dentro do plan Digitalent da AMTEGA, onde os nenos puideron iniciarse na montaxe destes enxeños electrónicos. R tamén organizou durante o evento charlas dedicadas ás empresas, nas que, por exemplo, un experto en redes sociais ofreceu pautas e consellos ás pemes para comunicar ben na internet ou un emprendedor socio tecnolóxico de R expuxo como sacou adiante a súa aventura empresarial.

A idade media dos participantes é de 28 anos, moitos deles son profesionais que acoden á XGN R Encounter como punto de encontro para intercambiar coñecementos e realizar contactos. En canto á súa procedencia, os rexistrados chegaron dende 23 provincias. A gran maioría deles son galegos, pero tamén acudiu un bo número desde Madrid e Asturias, e en menor medida, dende provincias como Toledo, Bizkaia, Cantabria, Burgos, Valladolid, Navarra, Barcelona, Sevilla, Córdoba, Málaga, Murcia e Baleares.

A Extranet contou tamén con varios espazos dedicados á Realidade Virtual que suscitaron un gran interese nos participantes e visitantes do evento. Neles foi posible gozar da ‘ hiperrealidad’, na que o usuario experimenta unha inmersión absoluta e interactúa co xogo co seu propio movemento. Tamén se habilitaron durante a lan party outros espazos dedicados a xogos de última xeración e outro máis achegado pola canle de televisión SyFy, que permitía vivir a través dos ollos de diferentes personaxes os últimos minutos de vida do planeta.

A XGN R Encounter está vinculada á rede de ' Encounters' de Euskaltel que vén desenvolvéndose no País Vasco desde hai máis de 25 anos, e da que forman parte a Euskal Encounter, a Gipuzkoa Encounter, e a Araba Encounter, e na que tamén está integrada a Technium R Encounter (Ourense). Os resultados desta colaboración foron moi positivos, e confirman que a futuro permitirá unha vía de crecemento de todos os eventos. De feito, organizadores e voluntarios dos eventos galegos acoden con asiduidade a outros eventos da familia ‘Encounter’, para compartir experiencias e intercambiar coñecementos.

 

Organiza

Fundación Semana Verde de Galicia

Voz:

986 577000 (de luns a venres de 9 a 14 h)

Correo electrónico:

info@xgnrencounter.gal

Responsables de prensa:

Aitor Ubarretxena. Infotres Comunicación.
943 22 45 30 / 609 12 16 66
E-mail: press@euskalencounter.org
 
Silvia Regal. Fundación Semana Verde de Galicia
986 577000 / 669 840532

 

Localización

twitter facebook