Este ano poderás deixar voar a túa imaxinación e facelo realidade na granxa de impresoras 3D na zona de Hardware.
O procedemento é moi fácil, explicámoscho brevemente :)
1 - Entra na intranet e accede desde o apartado de hardware á granxa de impresión 3D, unha vez dentro, terás unha serie de modelos predefinidos que seleccionamos debido ás peticións das anteriores encounter para imprimir.
2 - Selecciónao para mandalo a imprimir, unha vez o teñas feito mandarémosche unha notificación cando estea rematado, se tardamos moito sempre podes pasar preguntar :D
A que esperas? :)
Hora de apertura da granxa: Venres 11 ás 16:00
No caso de que non che gusten os modelos que temos predefinidos, sempre podes traer o teu propio e estudarémolo para poder imprimilo, aquí tes algunhas páxinas para buscar modelos interesantes e mandalos no apartado correspondente: